InicioPOLÍTICAFerrol en Común pide á Xunta partidas para mellorar o transporte coa...

Ferrol en Común pide á Xunta partidas para mellorar o transporte coa Coruña

Publicada o

Por europapress

O portavoz do grupo municipal de Ferrol en Común, Jorge Suárez, asegurou que esta formación presentou unha moción ao pleno desta cidade demandando que “os orzamentos da Xunta doten dunha partida para suplementar unha concesión que de xeito evidente é insuficiente, moi deteriorada respecto da anterior concesión” do transporte público por estrada entre as cidades de Ferrol e A Coruña, xa que á súa entender “a Monbus só lle interesa un rédito económico, en lugar de garantir un transporte público para aqueles que acoden a un centro de traballo, sanitario ou educativo”.

Na presentación desta moción, onde estivo acompañado da outra edil deste grupo, Nerea P. Carblleira, Suárez asegurou que o transporte público “é un dos problemas máis graves na nosa comarca” e que por iso “cremos que é necesario que nos concellos fagan precisión, para que se poñan os medios suficientes”.

Queremos solidarizarnos cos condutores dos autobuses, que son o parapeto, non responsables, dos principais enfados cidadáns, por outra banda lóxicos, por estar horas esperando en paradas de autobús e non cumprirse os horarios en ningún caso”, sinalou.

Por outra banda, Suárez detallou que tamén presentaron unha moción de apoio ao pobo palestino, e que así detallou que “nos parece inconcibible que nunha sociedade que se di que é avanzada se escoite con frialdade nos medios de comunicación que as incubadoras de bebés prematuros van empezar a deixar de funcionar por falta de combustible” e que ante isto “permanezamos impasibles”, ademais de criticar a actitude do Goberno de Israel neste conflito.

ÚLTIMAS

A coruñesa Bea Lema, Premio Nacional de Cómic 2024

A coruñesa Bea Lema vén de recibir a nova de que é a gañadora...

Tres homes detidos poal Policía Local esta fin de semana por sendos casos de violencia machista

Fin de semana terrible na cidade, con tres intervencións da Policía Local por sendos...

A Valedora do Pobo descrube o desleixo das administracións na protección dos Murais de Lugrís

A Valedora do Pobo vén de entregar ó Presidente do Parlamento de Galicia o...

A Escola da Bici comeza o novo curso

O auxe da presenza do carril bici na cidade (no 2019 había 23 quilómetros...